Vasoira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vasoira tipo xesta.

Unha vasoira,[1] ou xesta,[2] é un instrumento formado por un pau ou mango que leva nun extremo un pequeno feixe de ramas ou doutro material flexible, que se emprega para varrer o chan.

Historia[editar | editar a fonte]

As vasoiras experimentaron cambios significativos na súa construción, dende que se desenvolve a partir dun feixe de ramas de distintas fibras naturais atadas por un dos seus extremos.

En Galicia a vasoira tradicional (hoxe aínda empregada para varrer a eira) facíase con feixes de xibarda ou xesta, de feito e moitas zonas do país chámanlle xesta á vasoira.

As fibras usadas en vasoiras modernas obtéñense a partir dunha especie de sorgo, planta semellante ao millo. Son longas, rectas e duradeiras.

O cambio principal máis recente é a vasoira plana, inventada polos Shakers a comezos do século XIX.[3] Esta vasoira ten máis largura para empurrar mellor o lixo. Na actualidade, case todas as vasoiras que se constrúen son chairas, ficando obsoletas as vasoiras redondas.

Mitos[editar | editar a fonte]

As bruxas e meigas usan vasoiras nos seus rituais. Talvez pola súa forma, a vasoira se tornou unha poderosa ferramenta contra maldicións e prácticas de Maxia Negra. Deitada sobre a entrada dunha casa, "varre" todos os feitizos que foran xogados na casa ou nalguén que more nela. Se se coloca embaixo do traveseiro, aporta bos soños e protección.

As bruxas europeas indentificábanse coas vasoiras por causa das falas populares, inventadas polos perseguidores de bruxas, que dicían velas voando a cabalo das súas vasoiras. Isto débese a que as vasoiras usábanse en danzas rituais e, por iso, ligouse ao feito de voaren. Nos rituais de maxia débese comezar "varrendo" o lugar coa Vasoira Máxica. Despois diso, o Altar é construído, as ferramentas son cargadas e o ritual está pronto para comezar. A vasoira purifica a área que se usa nos rituais.

Como é un instrumento de purificación adoita ligarse co elemento da auga, por iso, úsase en todos os rituais ligados a esta, así coma en feitizos do amor e traballos psíquicos.

Algunhas bruxas coleccionan vasoiras, e mostran exuberantes variedades nos seus materiais, facendo diso un hobby. Na construción das antigas vasoiras máxicas débese usar: un corpo de residuo mineral, gallos de bidueiros e unha atadura de salgueiro. O residuo mineral é para a protección, o bidueiro purifica, e o salgueiro é sagrado.

Na literatura[editar | editar a fonte]

As Bruxas Lancashire,[4] ilustración de William Harrison Ainsworth.

Dende tempos antigos, como xa dixemos, asóciase as bruxas e meigas coas vasoiras, que lles dan o poder de voaren, esta crenza tense reflectido amplamente na literatura.

En moitos contos de fadas infantís aparecen vasoiras como elementos importantes das tramas das historias; por exemplo no conto de "Cincenta", cuxa personaxe principal incluso tense chamado "A raíña Vasoira".[5], Gretel (a irmanciña do Hansel), e Brancaneves, todas elas foron tradicionalmente asociadas coa vasoira.[6] Dúas delas coseguiron home estando a varrer o chan, e a terceira salvou a vida.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vasoira.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xesta.
  3. Nancy Russell, Shaker's brooms swept nation[Ligazón morta], Columbia Daily Tribune, abril 30 de 2009.
  4. El Proceso de las Brujas de Pendle, 30 de decembro 30 de 2009.
  5. Teatro títeres Los Claveles - La Reina Escoba, la Cenicienta
  6. Cenicienta furiosa Arquivado 02 de decembro de 2011 en Wayback Machine., La Nación, 22 de maio de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]